Benvidas a PsicoNova
Proxectos Sociais con Vida
Somos unha plataforma de deseño e aplicación de proxectos sociais nas áreas de Educación, Igualdade, Envellecemento e Saúde.
O noso obxectivo é lograr cambios positivos e significativos na nosa comunidade a través da Psicoloxía Social.
Poñemos no centro das nosas intervencións a creatividade, a imaxinación e a aprendizaxe a través da emoción.
Innovación
Procuramos diferenciarnos polo carácter innovador, a orixinalidade e a calidade dos nosos proxectos para concellos, centros educativos, CIMPS, ANPAS, asociacións e empresas.
Experiencia
PsicoNova nace a principios do 2019 da man de profesionais da psicoloxía con máis de 15 anos de experiencia no traballo con grupos de todo tipo.
Flexibilidade
Adaptamos os nosos proxectos ás túas necesidades en canto a presuposto, temporalización, poboación destinataria… Consúltanos sen compromiso!
Sobre nós
Perspectiva de Xénero
Todos os nosos proxectos son elaborados tendo en conta a perspectiva de xénero.
Aprendizaxe Emocional
Empregamos as emocións para lograr aprendizaxes profundas e duradeiras.
Metodoloxía Estandarizada
Deseñamos os nosos proxectos baixo o máis alto estándar de calidade.
Proxectos baixo demanda
Tes unha idea para un proxecto e gustaríache facela realidade? En PsicoNova podemos axudarche.
Innovación e Flexibilidade
Amoldámonos ás necesidades de cada cliente, implicándonos ao 200% en cada proxecto.
15 Anos de Experiencia
PsicoNova nace da man de profesionais da Psicoloxía con máis de 15 anos de experiencia.
Protocolos COVID-19
Cumplimos rigorosamente toda a lexislación vixente respecto das medidas sanitarias contra a Covid.
Educación, Igualdade, Envellecemento, Saúde.
Elaboramos proxectos dentro destas 4 áreas para atender aos colectivos máis vulnerables.
Experiencia con:
Concellos, Centros de Información á Muller, Centros Educativos, Asociacións de Nais e Pais, etc.
Os nosos proxectos
EDUCACIÓN
A ensinanza que deixa pegada non é a que se fai de cabeza a cabeza, senon de corazón a corazón.
Howard G. Hendricks
IGUALDADE
Unha muller sen un home é coma un peixe sen bicicleta.
Gloria Steinem
ENVELLECEMENTO
Na vellez non nos deben preocupar as enrrugas do rostro, senon as do cerebro.
Ramón y Cajal
SAÚDE
A felicidade é a máis elevada forma de saúde.
Dalai Lama
Contacta
Sergio Trillo Rama Psicoloxía social Creativa
Ola, chámome Sergio e son pai, músico e psicólogo social (USC, 2005), entre algunhas outras cousas. Ao longo da miña traxectoria tiven a sorte de xuntar experiencia en distintas áreas, coma Servizos Sociais, neurorrehabilitación, investigación, etc.
No 2019 decidín iniciar un novo proxecto no que volcar toda a miña aprendizaxe como profesional e que tratara de ofrecer solucións innovadoras a problemas enquistados na nosa comunidade coma a violencia de xénero, o envellecemento demográfico, as carencias emocionais da xuventude, etc. Así nace PsicoNova.
- info@psiconova.es
- 659 740 719
Contáctanos
En PsicoNova cremos no apoio aos colectivos máis vulnerables como base do progreso dunha sociedade libre, equitativa e aberta, na que todos e todas poidamos explotar o noso potencial humano e gozar dunha boa calidade de vida. Xa ves, gústannos os retos…
E a ti?